Criterios que debe cumprir unha cidade ou unha vila para ser Candidata Residuo Cero

  1. O municipio emite unha declaración pública, que debe ser aprobada en pleno municipal, notificando á Academia Residuo Cero ( MiZA) o seu compromiso de converterse nunha cidade ou vila certificado Residuo Cero.
  2. O municipio comprométese na súa estratexia de residuo cero de longo prazo a incluír:
    • Unha taxa de desvío do 90% dos refugallos sólidos urbanos ( RSU) lonxe de métodos de eliminación nocivos e solucións falsas;
    • Un obxectivo establecido (en kg) de residuos residuais xerados per cápita, segundo as directrices previstas.
  3. Os municipios con competencias sobre as decisións de xestión e eliminación de residuos comprométense a:
    • Reducir progresivamente o volume de RSU enviados a incineración;
    • Non seguir investindo nin apoiando o desenvolvemento de tecnoloxías de incineración;
    • Deter a expansión das capacidades de incineración existentes dentro da súa xurisdición.
    • Cando un municipio non ten xurisdición para tomar decisións sobre a eliminación e incineración, aínda se compromete a: Reducir progresivamente o volume de RSU que envía a incineración; Traballar e crear conciencia sobre solucións alternativas sostibles á incineración.
  4. O municipio pon as bases para aumentar a sensibilización da súa cidadanía a través dunha ampla gama de métodos de comunicación.

¡¡¡Comparte!!!