ES | CAT

QUE SON AS
COMUNIDADES ENERXÉTICAS?

As comunidades enerxéticas son colectivos de persoas que se constitúen legalmente, en moitos casos xunto con entidades locais e pequenas e medianas empresas, para levar a cabo un proxecto de enerxía limpa (de calquera tipo, non só eléctrica) sempre baseado en:

A DESCENTRALIZACIÓN
DA ENERXÍA
A DEMOCRACIA
PARTICIPATIVA
A PRODUCIÓN DA ENERXÍA
DE ORIXE RENOVABLE

É dicir, é unha fórmula para que as persoas sexan as protagonistas do cambio de modelo enerxético. Son elas as que contribúen a transformar e a democratizar o sistema, facendo que deixemos de depender das grandes empresas.

Estes proxectos comezan a coller forza en todo o territorio español, pero aínda queda moito por percorrer para a súa implantación en boa parte dos concellos españois.

Aínda así, os cidadáns están a ser realmente os pioneiros e impulsores desta nova forma de producir e xestionar a enerxía: un modelo clave na adaptación ao cambio climático, xa que reduce as emisións de gases de efecto invernadoiro, favorece a implantación de enerxías renovables descentralizadas e contribúe xerando comunidades resistentes con xustiza de xénero.

Que vantaxes teñen as
comunidades enerxéticas?

• Son claves para democratizar a enerxía.

• Aumentan a independencia enerxética das multinacionais.

• Reducen a factura da luz.

• Promoven un cambio de hábitos de consumo que teñen en conta os límites do planeta.

• Contribúen á redución de emisións e á loita contra a crise climática.

• Son unha oportunidade para loitar contra a pobreza enerxética.

• Promoven que as mulleres e outros colectivos infrarrepresentados no sector enerxético participen como vectores de cambio.

• Reforzan o tecido produtivo local.

• Crean comunidades máis resistentes.

• Permiten persoas participantes aprender e coñecer máis sobre a enerxía.

As comunidades enerxéticas poderían cubrir case o 100% da demanda eléctrica do sector doméstico e terciario

Segundo o informe “O potencial da enerxía comunitaria no estado español” de Amigas da Terra

Das moitas oportunidades e vantaxes que ofrecen as comunidades enerxéticas, hai que engadir o seu apoio por parte da administración e dun contexto actual avorable para a súa expansión, con cambios lexislativos (que se produciron e se seguirán producindo) e modificacións administrativas a nivel europeo e que buscan impulsar este tipo de proxectos.

Aproveitemos o momento!

Que está pasando coas
comunidades enerxéticas?

A creación dunha comunidade enerxética é un proceso lento e o contexto, ata o de agora, non foi o máis favorable.

Ao longo destes anos, o oligopolio enerxético e as políticas enerxéticas do goberno anterior –como a famosa “taxa do sol”– dificultaron a implantación das renovables a pequena escala. A isto súmaselle a falta de lexislación específica, os atrancos burocráticos, o descoñecemento do sistema eléctrico e o medo que este nos esperta, así como o amplo abano de opcións legais ou técnicas que se nos presentan.

Porén, a situación está cambiando e a implantación das comunidades enerxéticas está cobrando forza. Aínda que ao principio poida parecer complicado, crear unha comunidade enerxética É POSÍBEL. Xa hai exemplos pioneiros nun estado avanzado no noso territorio.

Para seguir aumentando estas comunidades, en Amigas da Terra elaboramos unha guía que explica paso a paso o camiño a seguir para formar unha iniciativa deste tipo e non perderse nunha carreira de obstáculos.

Dá o paso!
Fagamos nosa a enerxía!

¡APÚNTATE!

deixa’ns les teves dades
Déixanos os teus DATOS para manterte informado
DEJANOS TUS DATOS