ES | CAT

UP4

CommunityEnergy

QUÉ E
UP4COMMUNITYENERGY?

Trátase dun proxecto europeo de Amigas da Terra que busca promover as comunidades enerxéticas no estado español. Estase a realizar coa achega do programa LIFE, o instrumento da Unión Europea que apoia proxectos ambientais, de conservación da natureza e de acción climática.

OBXECTIVO PRINCIPAL: Desatar o potencial da enerxía comunitaria en España, reforzar o papel da cidadanía cara a unha economía descentralizada, unha transición enerxética democrática e inclusiva.

CONTEXTO

España sufriu considerablemente debido á falta dun marco normativo e financeiro propicio para o desenvolvemento enerxético comunitario. De feito, a lexislación enerxética anterior, como o denominado “imposto ao sol” no 2011, tivo un efecto profundamente intimidatorio, e gran parte da cidadanía segue sendo reticente a investir o seu diñeiro por medo. Ademais, un dos problemas do estado español no desenvolvemento da enerxía comunitaria é o de ter que enfrontarse a un mercado enerxético en mans de grandes empresas con clara influencia na toma de decisións políticas. Os datos oficiais do mix eléctrico indican que en 2020 a potencia instalada foi de 110.462 MW, dos cales o 53,8% pertencen a tecnoloxías renovables. Non obstante, o 99,5% da capacidade renovable instalada pertence a grandes empresas privadas.

Mentres a instalación de enerxías renovables segue avanzando en forma de mega proxectos liderados por grandes empresas enerxéticas, unha forte oposición florece nos territorios afectados. Só no último ano apareceron ducias de plataformas cidadás afectadas por estes plans. Ademais do problema do poder corporativo, así como das zonas urbanas fronte ás rurais, onde hai moi pouca representación de mulleres e doutros colectivos como son a mocidade, as persoas migrantes e aquelas con recursos limitados nos proxectos enerxéticos comunitarios.

OBXECTIVOS E
ACCIÓNS

OBXECTIVOS

01

Contribuír á creación dun marco político favorable á enerxía comunitaria e á participación cidadá en materia de produción de enerxía. Conseguir políticas que estean aliñadas e que actúen en función das oportunidades ambientais, sociais e económicas da enerxía comunitaria e que estean comprometidas coa a súa promoción.

02

Contribuír a construír un movemento cidadán forte e diverso. Empoderar á cidadanía e crear redes de intercambio de información e aprendizaxe entre os actores da sociedade civil, reforzando a coalición enerxética comunitaria española, que apoiará o cambio cara a un entorno favorable á enerxía comunitaria.

03

Informar e sensibilizar á cidadanía sobre o papel das persoas (veciñas e veciños) na transición enerxética; contribuír á creación dunha narrativa que promova as enerxías renovables coa participación cidadá e dar a coñecer a oportunidade que representan as comunidades enerxéticas para unha transición enerxética verde, xusta e inclusiva.

ACCIÓNS

Elaboración de informes dirixidos as/os decisores políticos, a nivel nacional, explicando a eliminación das barreiras enerxéticas comunitarias; e a nivel local e rexional, que incluirá medidas concretas que se poidan desenvolver para o fomento das comunidades enerxéticas, e oportunidades de financiamento para proxectos enerxéticos comunitarios.
Participación en consultas públicas a nivel nacional e local. Nos próximos anos desenvolverase en España unha lexislación e unha normativa específica sobre as comunidades enerxéticas. Nestes procesos participaremos tanto a nivel nacional como local, tamén a través das coalicións das que formamos parte.
Reunións con representantes políticos a nivel nacional. Co obxectivo de discutir as disposicións da UE relativas ao Paquete Enerxético e defender unha implantación exitosa.
Seminario con decisoras políticas a nivel nacional. Centrado na implantación do Paquete Enerxético e no que tamén se ofrecerán exemplos de toda Europa, co fin de capacitar directamente a responsables políticos e ás partes interesadas.
Reunións con representantes políticas a nivel local/rexional. Para abordar as implicacións das disposicións do Paquete Enerxético da UE. Tamén incluirá orientacións sobre estratexias marco de financiamento para a promoción das comunidades enerxéticas nos concellos locais.
Acto público a nivel local cas/os responsables políticos. Participará persoal experto que tratará e falará sobre os procedementos administrativos, burocráticos e financeiros adecuados, así como os marcos de promoción das comunidades enerxéticas. Mostraranse iniciativas locais existentes para compartir experiencias e aprendizaxe.
Reunión nacional arredor dos fondos de recuperación e da enerxía comunitaria. O sector enerxético terá unha grande relevancia no Plan de Recuperación, a través dos fondos Next Generation da UE. O desenvolvemento de propostas materializadas en proxectos enerxéticos comunitarios é clave para que estes fondos se traduzan nun marco financeiro que facilite ou promova a enerxía comunitaria.
Anterior
Siguiente

¡APÚNTATE!

deixa’ns les teves dades
Déixanos os teus DATOS para manterte informado
DEJANOS TUS DATOS