Guía

Audiovisual

Se queres a Guía Audiovisual completa descargalo aquí!

ÉS A LES NOSTRAS MANS
Como crear unha comunidade enerxética?

Presentamos a guía audiovisual: «És a les nostres mans: como crear unha comunidade enerxética», que ten como obxectivo promover a enerxía comunitaria a través das experiencias de cinco comunidades deste tipo nos nosos territorios.

Se formas parte dunha vila, barrio ou grupo que está a pensar en crear unha comunidade enerxética, pode que che interese proxectar este documental.

O documental contou coa participación das comunidades enerxéticas de Monachil (Granada), Luco de Jiloca (Teruel), Arroyo Alumbra (Huelva), Buchabade (Pontevedra) e Gares Energía e Gares Bide (Navarra). Reunimos varias destas experiencias exitosas neste documental para compartir o seu entusiasmo e coñecementos, para que cada vez máis xente se una e… Tomemos a enerxía!

Esta guía documental consta de tres episodios que podes verlos individualmente:

01

Episodio 1: A comunidade

Neste episodio contarémosche como crear un proxecto deste tipo paso a paso a través das comunidades enerxéticas que xa están en marcha nos nosos territorios.

02

Episodio 2: Papeis, papeis e máis papeis

A través das experiencias existentes, verás as dificultades burocráticas coas que nos atopamos, pero tamén as oportunidades.

 

03

Episodio 3: A instalación

Cal podería ser a mellor instalación: fotovoltaica, eólica, hidroeléctrica, de biomasa, unha mestura…?

Se queres a Guía Audiovisual completa descargalo aquí!

EMAN ZURE DATUAK

¡APÚNTATE!

deixa’ns les teves dades
Déixanos os teus DATOS para manterte informado
DEJANOS TUS DATOS