É hora de que a enerxía cambie de mans grazas ás
Temos unha gran revolución pendente:
Unha comunidade enerxética é un grupo de persoas que se unen para xestionar, producir e consumir a súa propia enerxía limpa.
Estas comunidades, baseadas na descentralización e na democracia participativa, demostran que se pode cambiar o sistema enerxético: con elas deixamos de depender das multinacionais, devolvémoslles o poder ás persoas e loitamos contra a crise climática.
Estamos nun momento crítico. Os impactos climáticos xa se notan, a escaseza enerxética chama á nosa porta (polo malgasto enerxético e pola sobreexplotación dos combustibles fósiles), os prezos soben sen control, as eléctricas enriquécense…
O sistema enerxético é terriblemente inxusto. Temos motivos de sobra para apostar por unha comunidade de enerxías renovables!
Contribúe a descarbonizar a economía e a abordar a emerxencia climática.
Xustiza enerxética. A xente decide como, onde e canta enerxía producir e consumir.
Impulsa unha economía e unha sociedade baseadas na cooperación en lugar de na competencia, respectando os límites planetarios.
Reduce a pobreza enerxética, a factura da luz diminúe e as persoas en risco de exclusión social poden formar parte e beneficiarse.
Coas ferramentas e perspectivas necesarias, promove a equidade de xénero a través da plena participación das mulleres.
Permite a participación de colectivos historicamente infrarrepresentados no ámbito enerxético, como a mocidade ou as persoas migrantes.
Ao reducir a necesidade de establecer macroproxectos de enerxías renovables, permite manter os usos agrícolas, gandeiros e naturais do solo.
Revitaliza a economía local – o diñeiro queda na comunidade – e aumenta a cohesión social.
Agora que sabes o que son as comunidades enerxéticas, é hora de actuar!
Isto é o que podes facer:
Queres comezar unha comunidade enerxética pero non sabes como?
Nesta guía paso a paso incluímos toda a información e os consellos prácticos que pensamos que podes necesitar.
Coñece as comunidades enerxéticas que xa comezaron a revolución enerxética.
Con el apoyo de:
Por decisión del Parlamento Alemán
Aviso legal y cláusula web | Política de privacidad y cookies | Política de privacidad en redes sociales
© Copyright 2022 | Imágenes vectoriales Freepik | Diseño web, Implicate.org
¡APÚNTATE!